Campionato Provincial Absoluto de A Coruña 2026

Foto realizada por Malu López

¡Xa temos datas para o vindeiro Campionato Provincial Absoluto de A Coruña! O torneo terá lugar os días 17 e 18 de xaneiro de 2026 na cidade de A Coruña. O evento está organizado pola Federación Galega de Xadrez coa colaboración de Xadrez ERLAC

Detalles do Torneo

  • Lugar: Fundación Escuela Universitaria de Relaciones Laborales de A Coruña (rúa Leopoldo Alas «Clarín», 2).

  • Sistema de xogo: Suízo a 5 ou 6 roldas (dependendo do número de inscritos).

  • Ritmo de xogo: 45´+15” .

  • Director do torneo: Jesús Vázquez Forno.

  • Árbitro principal: Oscar Bruno de Prado Rodríguez (IA).

Horarios das Roldas

Sábado, 17 de xaneiro:

Domingo, 18 de xaneiro:

  • 1ª rolda: 11:00h

  • 2ª rolda: 16:00h

  • 3ª rolda: 18:30h

  • 4ª rolda: 11:00h

  • 5ª rolda: 16:00h

  • 6ª rolda: 18:30h

Inscricións e Requisitos

Poderán participar xogadores de clubs ou independentes da provincia de A Coruña que estean federados na tempada 2026, teñan nacionalidade española (bandeira FIDE ESP) e sexan seleccionables por Galicia.

  • Como inscribirse: Envía un email a torneos@xadrezerlac.com indicando o teu nome, apelidos e club.

  • Data límite: Ata o xoves 15 de xaneiro ás 22:00h.

  • Tempo de demora: 30 minutos desde o comezo da rolda.

Premios e Clasificación

O campión do torneo obterá unha praza pagada no Campionato Galego absoluto de 2026. Ademais, haberá trofeos para os 5 primeiros clasificados.

Os desempates decidiranse pola seguinte orde: Encontro directo, Bucholz corte -1, Bucholz Total e Media de Elo dos rivais -1.

Fai clic para rexistrarte na absoluta provincial

Esta ligazón lévache directamente ao formulario de inscrición

Entrada anterior
Entrada siguiente

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Fundación Escuela Universitaria de Relaciones Laborales de A Coruña | Rua Leopoldo Alas «Clarin», 2, 15008 A Coruña | Email: info@xadrezerlac.com

© 2025 ERLAC

Follow by Email
WhatsApp
¡La URL se ha copiado correctamente!