I COPA ATLÁNTICA
Un fito no xadrez coruñés que reuniu a grandes mestres e promesas no salón de actos da Fundación ERLAC.
9-10 de Maio 2026
A Coruña, Galicia
Evento Finalizado
A Coruña, capital do xadrez ibérico
A fin de semana do 9 e 10 de maio de 2026 quedará gravada na historia do Club Xadrez ERLAC. Con máis de 90 participantes no Open e un cuadrangular de elite, o evento superou todas as expectativas técnicas e organizativas.
O GM Aleksa Strikovic fixo valer a súa condición de favorito no Open, mentres que o combinado Santiago-Padrón logrou impoñerse nun cuadrangular internacional que contou coa participación de equipos de Galicia, e Portugal.
«Foi unha honra ver este nivel de xogo na nosa sede. O xadrez é a mellor ferramenta de unión entre culturas.»
Repercusión nos medios
"O Erlac acolleu a primeira Copa Atlántica da Coruña de xadrez"
Publicado en La Voz de Galicia
Cuadrangular de Lentas
Competición internacional por equipos
EX Compostela-Padrón
CAMPIÓN
CD ERLAC-Marquiño
Subcampión do torneo
AX da Maia
Terceiro posto
SC Beira-Mar
Cuarto posto
I Copa Atlantica A Coruna rapido
Clasificación final dos primeiros postos
| Pos | Xogador | Club / Orixe | Pts |
|---|---|---|---|
| 1 | Strikovic, Aleksa GM - Grandmestre | ELX | 7.0 |
| 2 | Cabanas Lopez, Eduardo | Marquiño | 6.5 |
| 3 | Varela Peteira, David | Naron | 6.5 |
| 4 | Sixto Puente, Eloy | Benchoshey | 6.5 |
| 5 | Cernadas Camean, David | Marquiño | 6.0 |
| 6 | Cabanas Lopez, Manuel Anxo | Marquiño | 6.0 |
| 7 | Fernandez Lopez, Alejandro | C. Chantadino | 6.0 |
| 8 | Sande Edreira, Jose Antonio FM - Mestre FIDE | Mirko | 6.0 |
| 9 | Fernandez Sabajanes, Nicolas | EX Compostela | 5.5 |
| 10 | Prado Acebo, Ines WFM - Mestra FIDE | Ferrolano | 5.5 |
